Enquisas Axenda Urbana 2030

Axenda Urbana Marín 2030

Construíndo un futuro sostible

Que é a Axenda Urbana?

A Axenda Urbana é o marco de referencia para a planificación estratéxica, feito por e para a cidadanía, que presenta Marín para a vindeira década, mancando nela os retos e como desexamos conseguir que sexa a nosa cidade no futuro.

Queremos conseguir que Marín sexa sostible, inclusiva, diversa e agradable para todos os marinenses.

Información
Con que xénero te identificas?

Que idade tes?

Es residente habitual en Marín?

No caso de residir en Marín, gustaríanos coñecer a túa parroquia de residencia:

Identificación de necesidades e problemáticas
Nesta primeira parte, trataremos de identificar as necesidades e problemáticas de Marín en relación a 10 áreas temáticas:

1. En relación á xestión do TERRITORIO, PAISAXE E ESPAZOS VERDES en Marín, cales cres que son as necesidades que hai que traballar de xeito máis urxente? Selecciona máximo dúas opcións:

2. En canto ao MODELO URBANO de Marín, que necesidades deben abordarse de maneira máis urxente no municipio?
Selecciona máximo dúas opcións:

Baixo o teu punto de vista, que outros retos consideras que hai en Marín en relación ao modelo urbano?

3. En relación ao CAMBIO CLIMÁTICO e á XESTIÓN SOSTIBLE DOS RECURSOS, cales cres que son as problemáticas que deben traballarse de maneira máis urxente en Marín?
Selecciona máximo dúas opcións:

4. En canto á MOBILIDADE E O TRANSPORTE no municipio, cales cres que son os retos que deben traballarse de maneira máis urxente en Marín?
Selecciona máximo dúas opcións:

Baixo o teu punto de vista, que outros retos consideras que hai en Marín en relación á mobilidade e ao transporte?

5. En materia de COHESIÓN SOCIAL, cales cres que son os retos que deben traballarse de maneira máis urxente en Marín?
Selecciona máximo dúas opcións:

6. En relación á ECONOMÍA en Marín, cales cres que son as principais necesidades a resolver de maneira más urxente?
Selecciona máximo dúas opcións:

7. En canto á VIVENDA en Marín, cales cres que son as problemáticas que deben traballarse de maneira máis urxente en Marín?
Selecciona máximo dúas opcións:

Baixo o teu punto de vista, que outros problemas consideras que hai en Marín en relación á vivenda?

8. En relación á INNOVACIÓN e á DIXITALIZACIÓN en Marín, cales cres que son os retos que deben traballarse de maneira máis urxente no municipio?
Selecciona máximo dúas opcións:

9. En canto aos INSTRUMENTOS DE XESTIÓN e GOBERNANZA no municipio, que necesidades cres que deben traballarse de maneira máis urxente en Marín?
Selecciona máximo dúas opcións:

Liñas de actuación
De cara a resolver as problemáticas e necesidades identificadas, propóñense as seguintes liñas de actuación. Cales consideras máis importantes ou prioritarias? Valora cada unha do 1 ao 5:
Sendo 1: moi importante e 5: pouco importante

1. Elaboración dun plan de desenvolvemento conxunto cos municipios de Marín, Pontevedra, Poio, Sanxenxo e Bueu

2. Rexeneración de Mogor, actuando en vivenda, espazo público, patrimonio e medio ambiente.

3. Desenvolvemento de accións para aumentar as áreas verdes e naturais do municipio, mellorando ademais a conectividade entre elas.

4. Creación de espazos seguros e agradables que liguen as áreas de maior actividade nos núcleos de poboación

5. Programa de rexeneración urbana dos barrios vulnerables

6. Posta en valor do patrimonio cultural existente

7. Mellora ecolóxica da contorna natural dos ríos Loira e Lameira

8. Accións orientadas a reducir o consumo de enerxía no territorio, mediante a xestión sostible dos residuos; a transformación do parque de vehículos e a mellora da eficiencia enerxética en edificios

9. Favorecer una mobilidade urbana máis accesible e sostible, reducindo o uso do vehículo privado e favorecendo os desprazamentos peonís

10. Accións destinadas a reducir as desigualdades en grupos ou colectivos vulnerables e a fomentar unha vellez activa e saudable

11. Dinamización dos mercados de Marín e Seixo, fomentando a actividade económica

12. Impulsar o desenvolvemento económico, promovendo accións que favorezan a interacción entre Porto, Escola Naval e municipio

13. Implementación de accións para fomentar un turismo sostible no municipio

14. Accións orientadas a lograr un parque de vivendas accesible e de calidade en Marín

15. Favorecer unha administración electrónica aberta os 365 días e favorecer sistemas de xestión online de servizos públicos

16. Plataforma de formación da cidadanía, baseada en: medio ambiente e cambio climático; formación e emprendemento e novas tecnoloxías

Que outras accións cres necesarias para mellorar a realidade actual de Marín?